Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 25 de outubro

9.30 h
No Centro Obra Social ABANCA (Cervantes), inauguración das xornadas Diálogo sobre o futuro do envellecemento. Participan:
- Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago
- Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social
- Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia
- Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación
- Diego Canga Fano, conselleiro principal da DX de Agricultura e Medio Rural da Comisión Europea
Información: https://www.espana2050.com/envejecimiento

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Sindo Guinarte, para dar conta dos asuntos tratados na sesión ordinaria.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e os representantes de Sionlla Biotech, José Fernández Alborés e Ramón Lois Lorenzo, asinan a formalización da cesión da parcela para a construción e posta en funcionamento do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de comerciantes Somos Hórreo.

20.00 h
Na praza das Praterías, encendido piloto da iluminación da Casa do Cabido dentro do programa Cromalux (Smartiago). Asisten o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro Sindo Guinarte.

20.45 h
En Numax, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste ao acto de celebración do Día de Lorca en Galicia.

21.00 h
No Teatro Principal, Semana de Cine Euroárabe AMAL 2021. Toda a información en festivalamal.com.

Compartir: