Previsións informativas para o martes 6 de febreiro
12.00 h
No Aulario da Praza de Abastos, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar a edición de Entroido do obradoiro "Cociñando coas avoas". Na rolda estarán as cociñeiras Victoria Bar, Carmen Cabanas e Sara García, que prepararán un dos postres típicos do Entroido.
12.30 h
Na Igrexa da Universidade, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da exposición "Con-secuencias. Colección DKV".
18.00 h
No Auditorio de Galicia, Encontro Aberto co Sector Cultural de Compostela, monográfico sobre a convocatoria de axudas a procesos e actividades culturais, por concorrencia aberta e competitiva. Coa participación da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e de persoal técnico do departamento.