Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 22 de febreiro

9.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Comisión executiva da devandita entidade. SO GRÁFICOS. ENVIARASE NOTA.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira María Rozas para presentar o I Festival Galego de Teatro Escolar de Compostela. Na rolda tamén estarán os profesores Carlos Encisa de Saa e Alfonso García Penas, do IES Antón Fraguas, centro organizador.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar o resumo documental "Cerebro, artes, acción". Na rolda estará Lara Bacelos, directora e editora da peza.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

21.00 h
No Teatro Principal, a Compañía de Teatro da Aula de Teatro da USC presenta "Pasar por Nida", dentro do 24ª Festival Internacional de Teatro Universitario.

Compartir: