Previsións informativas para o mércores 14 de febreiro
10.00 h
O voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, realizará un percorrido pola beira do río Sar. Haberá un autobús a disposición dos xornalistas na parada da rúa Galeras situada diante da oficina de Abanca.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na praza do Obradoiro, minuto de silencio pola muller asasinada en La Viñuela (Málaga), vítima de violencia machista.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar os proxectos dos parques infantís de Pablo Iglesias e Outeiro de Sar.
20.30 h
No Teatro Principal, Talía Teatro estrea "O servidor de dous amos", con motivo do seu 30 aniversario, dentro da programación de Teatro & Danza da Concellaría de Acción Cultural.
ENTROIDO 2018
20.00 h
Acompañamento do Meco polas comparsas e participantes no Entroido dende a praza do Toural ata a praza Roxa facendo o percorrido seguinte: rúa Nova, rúa do Vilar, Senra, Doutor Teixeiro, República do Salvador, para rematar na praza Roxa.
Coa participación da comparsa A Ruliña de Laraño.
Prégase aos acompañantes vistan de rigoroso loito para a ocasión.
21.00 h
Queima do Meco e animación a cargo de Pepe Penabade con "Peccata Minuta".
Praza Roxa.