Previsións informativas para o luns 25 de setembro
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, para presentar a iniciativa "Ponte no seu lugar", dentro das actividades programadas con motivo da Semana Europea da Mobilidade. Na rolda tamén estará Susi Pérez, representante de AMICO e COGAMI.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, para dar conta da nova fase dos Orzamentos Participativos Compostela Decide.
18.30 h
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, obradoiro de carteis, dentro dos Orzamentos Participativos Compostela Decide.
20.00 h
Semana Europea da Mobilidade
No Museo da Cidade (praza das Praterías), proxección de WADJA, A BICICLETA VERDE + Coloquio sobre o urbanismo dende a perspectiva de xénero.
20.30 h
No Teatro Principal, segundo concerto da XVIII Edición do Ciclo de Lied "Cantigas de Outono" dúas grandes voces do panorama internacional operístico, Anna Lucia Richter e Georg Nigl acompañadas ao piano por Gérard Wyss, farán un percorrido polo Cancioneiro italiano de Hugo Wolf.