Previsións informativas para o martes 27 de xullo
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar o Programa de Educación de Rúa.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, e da arqueóloga municipal, Dolores Cerqueiro, para presentar as Visitas Arqueolóxicas Guiadas á fonte que se atopou en San Clemente.
12.30 h
Na Casa do Concello, a concelleira secretaria da Xunta de Goberno Local, Marta Álvarez-Santullano, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
VIVE O VERÁN
10.00h. No Parque de Bonaval, Tai Chi e Chi Kung
FESTAS DO APÓSTOLO 2010
Martes 27
22.00 h. ELVIS COSTELO e DIANA KRALL Xacobeo 2010
Entrada silla: 30 €. Entrada grada: 20 €
Venda de billetes: www.elcorteingles.es. Taquilla telefónica: 902 400 222
Praza da Quintana
23.30 h. Espectáculo de luz e son
Praza do Obradoiro
23.30 h. Música no Toural: CracyPonys (tributo á música de Neil Young)