Previsións informativas para o sábado 12 de xuño
10.00 h
No Refuxio de Bando (Zarramacedo-Bando s/n), saída da peregrinación de cans deste centro. Posteriormente pararán na capela de San Marcos (xunto ao Monte do Gozo) para chegar en torno as 12.00 h. á praza de Cervantes, onde haberá unha mesa informativa da Fundación Refuxio de Animais.
12.30 h
No Colexio Pío XII, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao 25 Aniversario do devandito centro.
21.00 h
No Teatro Principal, Los Ullen: Maná Maná (O regreso). Unha crónica de parias, dirixida por Juan Carlos Sánchez. Con Pepe Quero, Maite Sandoval e Paco Tous.
11.30 h
No CSC de Vite Titiriteiras: Obradoiro de sombras dentro do programa Letras Vivas.
12.00 h
No LSC de Busto, Marisa Irimia: Xil Moniz, O bico da sapa dentro do programa Santiago Encantado.
18.30 h
No CSC de Conxo, Titiriteiras: Obradoiro de sombras dentro do programa Letras Vivas.