Previsións informativas para o sábado 30 de outubro
11.00 h
Na Avenida Xoán Carlos I, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, asiste á colocación do monumento a Ricardo Carvalho Calero.
13.00 h
No SUP-7 (Pontepedriña), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a rúa Manuel Vázquez Cacharrón.
18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe os participanes na VI Convivencia de mozos celiacos de España. Serán un total de 55 rapaces que entre outras actividades realizarán o último tramo do Camiño de Santiago.
18.30 h
No CGAC, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á recepción do académico de número electo Miguel Fernández Diz.
20.00 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de clausura da VIII edición do Festival Internacional de cine Euroárabe Amal. Asiste a concelleira de Cultura, Socorro García Conde.