Consello de Administración de Emuvissa
O Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidirá o Consello de Administración de Emuvissa.
Consello de Administración de Uninova
O Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, participará no Consello de Administración de Uninova.
Rolda de prensa
A concelleira de centros socioculturais, Mercedes Rosón, e o coordenador para Galicia do programa Todos.es, César Jiménez, que promove o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio co fin de fomentar a utilización das novas tecnoloxías e especialmente Internet, exporán as características desta campaña que se desenvolverá neste centro sociocultural ata o próximo 7 de abril, nunha aula equipada ao efecto con 30 ordenadores.
Asinamento convenio de colaboración
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e representantes do Centro Xuvenil Don Bosco asinarán o convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa "Xuventude con Europa". No acto explicaranse as actividades deste programa.
Moción do Grupo Popular
Os concelleiros do Grupo Popular, Xaquín Cebeiro e Ricardo García Borregón, presentarán unha moción sobre asuntos municipais.
"Conferencia mundial para a paz, a solidariedade e o desenvolvemento"
O Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistirá ao acto de presentación da "Conferencia mundial para a paz, a solidariedade e o desenvolvemento".
Consello de Relacións Veciñais
O Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidirá o Consello de Relacións Veciñais.