Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).
Previsións informativas para o luns 9 de xullo
10.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.
11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Deportes, Andrés Fariña, e de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar o programa de Ferradura Aberta 2007.
12.00 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
12.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón. Ao remate, manterán un encontro cos medios.