Previsións informativas para o martes 31 de marzo
11.00 h.
No Reitorado, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do reitor da USC, Senén Barro, para presentar o Premio Fonseca de Divulgación Científica 2009.
11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Consumo, Xosé Baqueiro, para presentar a "Guía de Seguros: contratación-automóbil".
12.00 h.
No CSC do Ensanche, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, saúda ao xurado do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados formado por Esther Tusquets, escritora; Luis Mendoça, artista plástico; Xosé Cobas, ilustrador; Xosé M. Rodríguez-Abella, xefe do Departamento de Educación do Concello; e Manuela Rodríguez, de Kalandraka.
12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
13.30 h.
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade.
17.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.
21.00 h.
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a IV Gala do Comercio Compostelán. Asiste o concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias.