Previsións informativas para o mércores 15 de xullo
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para dar a coñecer o nome dos comercios gañadores da Edición de verán do Concurso de Escaparatismo.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, para presentar Animalingua 2009, granxa-escola en lingua galega.
18.30 h
No Paseo da Ferradura, na Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura Ferradura Aberta 2009.
19.00 h
Na Praza de Abastos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a gala de entrega do premio Santiago (é)tapas. Asiste o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias.
Vive o Verán
10.00h. No Parque Finca Vista Alegre, Tai Chi para todos os públicos.