Previsións informativas para o martes 29 de xuño
11.00 h
No Ministerio de Fomento, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á sinatura do convenio entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia con motivo do 1% cultural.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e do presidente de Atlantic Comnection, Vítor Belho, presentan o MACC, o Mercado Atlántico de Creación Contemporánea, que se celebrará en Santiago de Compostela entre o 10 e o 12 de setembro.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar as conclusións do programa europeo GRUNDTVIG "Look at yourself - parents toward situations causing aggression - Mírate: os pais e as nais ante situacións que xeran violencia".
12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
13.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, recibe no Concello os membros do programa europeo GRUNDTVIG, que celebraron en Santiago a súa última reunión plenaria.
19.00 h
No Parque de Belvís, Mercados Entre Lusco e Fusco.
19.30 h.
Na Casa do Concello, recepción aos membros do Comité Científico do Consello Europeo de Investigación (European Research Council), que están a celebrar en Santiago o seu XXVI Encontro Plenario.
Esta entidade foi creada pola Unión Europea en 2007 e está composta por 22 científicos de gran relevancia internacional. É a primeira organización europea que favorece proxectos de investigación fundamental, baseados no criterio único da excelencia científica. Os seus membros atópanse en Santiago con motivo da presidencia española da Unión Europea.