Previsións informativas para o sábado 1 de xuño
11.00 h
No antigo colexio do Castiñeiriño, V xornada de Percusión Afrobrasileira, Bate Batuke. Todo o día, diversas actividades (Escola Prucupá, Mago Charlangas, Cantigas e Agarimos etc).
11.15 h
Na piscina de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á clausura do programa Á auga patos.
12.00 h
Nas pistas de Sar, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á presentación das pistas de tenis adaptado.
12.45 h
No pavillón do Restollal, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ás finais de minibasquet do Memorial Lorenzo de la Torre.
13.30 h
No campo de fútbol de Villestro, os concelleiros Francisco Noya e Adrián Varela, asisten á inauguración da XVII Edición da Romería do Deporte en Villestro e posterior xantar campestre.
A partir das 17.30 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, Imos ao baile 2013, sesión de baile co grupo Luzada.
18.30 h
No Teatro Principal, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á actividade 'A Nena e o grilo nun barquiño', espectáculo para toda a familia, en FalaRedes 2013, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Concellería de Normalización.
20.00 h
No pavillón de Vite, Torneo Internacional Luso-Galaico de hóckey a patíns.
21.00 h
Na Zona C Improfighter!. Semifinal 1, Primeiro Campionato de Improvisación Teatral Galego. Funcións irrepetibles, comedia, creación en directo, en Teatro&Danza.
22.00 h
No aparcadoiro da Igrexa de Grixoa, os concelleiros José María Rosende e Luís Bello, asisten á cea de fin de tempada da SD Grixoa na que se celebrará o ascenso do equipo a terceira división.