Previsións informativas para o martes 17 de xullo
11.00 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e as concelleiras de Mercados, Reyes Leis, e de Casco Histórico, María Pardo, visitan as obras da Praza de Abastos. Asiste a directora xeral de Comercio, Nava Castro. Punto de encontro: Igrexa de San Fiz.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, visita o barrio de Pontepedriña, xunto con membros da Asociación e veciños da zona. Punto de encontro: rotonda, a carón do parque Eugenio Granell.
13.00 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, visita o barrio de Sar. Punto de encontro: Colexiata.
NOTA: haberá un vehículo que sairá da Praza do Obradoiro ás 12.20 h para ir a Pontepedriña e Sar.
17.00 h
Na Praza Roxa, a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, asiste á posta en marcha dos obradoiros ambientais dirixidos á poboación en xeral e aos escolares en particular orientados a sensibilizar á cidadanía sobre a correcta xestión domiciliaria dos desperdicios xerados no fogar. As actividades enmárcanse na campaña "Contigo, ata o fin" na que colaboran o Concello, a Fundación Santiago Centro e Sogama.