Previsións informativas para o martes 27 de xaneiro
11.00 h.
No Salón Verde da Casa do Concello, constitución da Comisión de Cooperación para a xestión e desenvolvemento do Ano Santo 2010, acordada polo Consello da Capitalidade. (SÓ GRÁFICOS)
Sobre as 11.30 h. o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, manterán un encontro cos medios de comunicación.
12.00 h.
En San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o II CROSS DE GALICIA, actividade que se desenvolverá na nosa cidade este domingo 1 de febreiro.
12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Elvira Cienfuegos, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
13.30 h.
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade.
18.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao secretario técnico do Consello Consultivo de Competitividade da Cidade de México, Samuel Podolsky.
19.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa asociación cultural recreativa e veciñal de Viso.