Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Presentación do libro "Sky Shout. A pintura despois da pintura"

O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presenta en rolda de prensa o libro editado pola Concellaría de Cultura "Sky Shout. A pintura despois da pintura", obra do crítico David Barro e do artista Álvaro Negro, que tamén intervirán no acto.

Sky Shout. A pintura despois da pintura é o colofón á exposición que leva o mesmo nome e que permanecerá aberta no Auditorio de Galicia ata o 27 de marzo. Esta obra non é simplemente un catálogo da exposición, senón que é unha reflexión en 150 páxinas do que significa a pintura hoxe.

Rolda de prensa do voceiro municipal do PPdeG

O voceiro municipal do Grupo popular, Dositeo Rodríguez, ofrece unha rolda de prensa sobre asuntos de carácter local.

Compartir: