Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 14 de marzo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico "O Carnaval dos animais" de C. Saint-Saëns, da Real Filharmonía de Galicia.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira María Rozas, para presentar o III Salón Caroutlet Motorocasión. Na rolda tamén estará o director do evento, José Enrique Elvira.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a I edición da Semana de novela negra do barrio de San Pedro, actividade do programa "Con B de Barrio" 2017. Na rolda estarán Chus Costoia, de Libraría Pedreira, e Héctor Cajaraville, escritor e autor do relato a través do cal se construíu o xogo de pistas que forma parte da actividade.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, para presentar o "I Festival de poesía para corpo principal, respira!". Na rolda participa tamén o director artístico do festival, Antón Lopo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a concentración de escolas de rugby de Galicia. Na rolda tamén estarán Betty Álvarez, presidenta da Asociación Valentes, entidade organizadora, e María Esperanza Fernández, representante do CDU Rugby Santiago Veteranos.

20.30 h
No Teatro Principal, Gala Inaugural do Festival Internacional de Narración Oral, Atlántica.

Compartir: