Previsións informativas para o martes 9 de decembro
10.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, reúnese co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño. (SÓ GRÁFICOS). Declaracións ao remate.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do festival Sons Tránsitos. Na rolda están tamén a directora do festival, Maruchy Suarez, e os músicos Bieito Romero de Luar na Lubre e Andrés Penabad.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Mercados, Reyes Leis, para presentar Santiagolandia.
19.30 h
No Museo das Peregrinacións e de Santiago (Praza das Praterías), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presenta o libro "En el principio: Génesis de la Catedral Románica de Santiago de Compostela".