Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 15 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar a I edición da Andaina Solidaria "Santiago de Compostela en marcha contra o cancro" organizada por AECC Santiago coa colaboración do Concello de Santiago. Na rolda estará o presidente da AECC en Santiago, Francisco Pais.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, para presentar a campaña de sensibilización "Compostela contra o racismo", promovida pola UAMI (Unidade de Atención ás Migracións).

11.30 h
No Museo das Peregrinacións de Santiago, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asisten á presentación do primeiro vehículo eléctrico autónomo dentro do LIVING LAB VEHICULOSMART (proxecto SMARTIAGO).

19.00 h
No Hostal Parador de Santiago, o alcalde Xosé Sánchez Bugallo asiste a entrega do III Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía ao Dr. Moisés Rodríguez-Mañero.

19.00 h
Na praza das Praterías, ‘Impresións’, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por David Fiuza.

Compartir: