Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 12 de setembro

9.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. PROMOCIÓN ECONÓMICA.
Ratificación para a inclusión na orde do día e aprobación, se procede, do Plan de Acción Local da Axenda Urbana Española do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela.
2. PLANEAMENTO.
Nova exposición pública da modificación puntual do título III do PXOM. regulación de usos
3. TESOURERÍA.
Modificación da Ordenanza 1.03 Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.
4. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE.
Aprobación de expediente de Crédito extraordinario 2022-CREXT-13 financiado co RLTGX 2021, e imputación orzamentaria dos pagos efectuados mediante adeudo directo en conta bancaria de titularidade municipal durante o ano 2021.
5. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE.
Proposta de aprobación plenaria de expediente de suplemento de crédito 2022-SUPLE-06 de Informática para completar a achega municipal para o proxecto denominado "Despregamento de SOC para o Concello de Santiago de Compostela compatible con ferramentas do CCN, e actuacións complementarias", baixo a codificación 2022 2 NGINF 11.
6. SERVIZOS BÁSICOS.
Proposta ao Pleno da Corporación sobre a forma de xestión do servizo do ciclo integral da auga en Santiago de Compostela.
7. ALCALDÍA.
Determinación dos días festivos locais para o ano 2023.

Compartir: