Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 21 de decembro

9.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe unha delegación de senadores franceses.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para dar conta do fallo dos premios SELIC 2021. Na rolda tamén estará Marilar Aleixandre como representante do xurado.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños, presentan os novos vehículos da Policía Local.

20.00 h
Na sede da Asociación Área Empresarial do Tambre, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de homenaxe ao asociado.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, preestrea do documental "José Manuel Calderón: El Camino acaba en Obradoiro".

Compartir: