Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 4 de novembro

9.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co gobernador do Banco de España, Pablo Hernández de Cos.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras, Javier Fernández, para dar conta da execución de asfálticos.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, para presentar a actividade Teatro Foro. Na rolda tamén estará o educador social Ramón Molina.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.15 h
Na Casa do Concello, acto de presentación do vehículo eléctrico autónomo de loxística de última milla do proxecto Smartiago. Programa:
12.15 h
Xuntanza na Alcaldía do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, co CEO de Vodafone España, Colman Deegan. Tamén asisten o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte; e o director territorial norte de Vodafone, Francisco Vallejo.
12.30 h
Na sala de prensa, ROLDA DE PRENSA a cargo do concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte; e do responsable de Administracións Públicas Galicia – Vodafone España, Severino Castromán Souto.
NOTA: a rolda retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

19.00 h
No Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asisten ao acto de presentación do libro "Galicia. As súas Catedrais e Santiago o Maior", do profesor da USC José Manuel García Iglesias.

Compartir: