Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 19 de novembro

9.30 h
En San Martiño Pinario, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, saúda os bispos que se atopan en Santiago para a clausura da Asemblea plenaria da Conferencia episcopal española.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural e Igualdade, Mercedes Rosón, para presentar Circo a escena.
A continuación, presenta a Semana Escolar contra a Violencia de Xénero, que se vai desenvolver do 22 ao 26 de novembro nos IES de Santiago de Compostela. Na rolda tamén estará Diego Lago, coordinador das actividades.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.15 h
No Pleno do Concello, celebración dun pleno infantil con motivo da celebración, o 20 de novembro, do Día da Infancia. Participa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
(Sen streaming).

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a secretaria de Estado de Igualdade, Ángela Rodríguez.

20.00 h
Na Praza de Conxo, concerto de Ortiga con motivo do fin da campaña de votación do concurso Árbore Europea 2022 no que participa o Carballo de Conxo.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, La Intrusa Danza presenta ‘It’s a wrap ’, dentro da programación Viva a escena! de Compostela Cultura e Cineuropa.

35ª EDICIÓN DE CINEUROPA
Programación diaria en cineuropa.gal

Compartir: