Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 17 de novembro

11.00 h
Na Casa Xohana Torres (rúa de Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, 8-12), ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, para presentar os actos con motivo do 25 N, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

16.00 h
No CGAC, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración do Encontro Institucional do Secretariado Xitano.

17.30 h
Na Praza do Obradoiro, recepción a Tonho Alves, guía oficial de turismo, que percorre o Camiño Primitivo para dar visibilidade ao problema do abandono animal.

18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a ministra de Educación e FP, Pilar Alegría Continente. SÓ GRÁFICOS.

19.00 h
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto conmemorativo do Día das Artes Galegas.

20.30 h
No Pazo de Raxoi, recepción ao Comité Executivo das XXVII Xornadas Crue (Conferencia de Reitores das Universidades Españolas).

35ª EDICIÓN DE CINEUROPA
Programación diaria en cineuropa.gal

Compartir: