Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 28 de outubro

Nota: ás 17.00 h, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, manterá un encontro na Praza do Obradoiro con representantes da Mesa pola Normalización Lingüística para apoiar a iniciativa Xabarín 2.0.

10.00 h
Pleno ordinario
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes á sesión ordinaria de 30 de setembro e extraordinaria de 8 de outubro, do corrente ano.
2.- Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM no ámbito do SUD 9-10. Estrada de Vigo-Chouchiños.
3.- Toma de coñecemento da presentación do DAE da modificación puntual do PXOM no ámbito do PERI-12. Antigo Colexio Manuel Peleteiro.
4.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA contra as violencias machistas e para lembrar ás mulleres vítimas da violencia e o movemento feminista Compostelá na conmemoración do 25-N.
5.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para a modificación de ordenanzas fiscais e a divulgación das bonificacións e exencións.
6.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para a unificación oficial da delimitación xeográfica e sinalización toponímica de Santiago de Compostela.
7.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP sobre o contrato para a xestión dos expedientes sancionadores.
8.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a baixada de impostos municipais.
9.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para realizar obradoiros de emprego e outras accións formativas no ámbito laboral da hostalería.
10.- Dar conta de resolución da alcaldía de delegación de funcións.
11.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
12.- Solicitude do grupo municipal do BNG de comparecencia da concelleira delegada de cultura para dar explicacións sobre os problemas derivados dos prazos nas convocatorias de axudas para o sector cultural profesional e asociacións.
13.- Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelacións:
1.- Presentada polo BNG sobre o concurso do servizo de comedores escolares.
2.- Presentada polo PP sobre a área de turismo.
Rogos:
1.- Presentado por CA para limitar o acceso de vehículos á Praza do Obradoiro.
2.- Presentado por CA para continuar os traballos de asfaltado, abastecemento e saneamento en Angrois.
3.- Presentado polo BNG para evitar recorte de profesorado nos centros de ensino de Monte dos Postes e das Fontiñas.
4.- Presentado polo BNG para a instalación dun espello entre as rúas de Touro e Teo co obxectivo de incrementar a seguranza viaria.
5.- Presentado polo BNG para a mellora das beirarrúas na Avda. de Ferrol.
6.- Presentado polo PP para melloras na contorna da Avda. de Coimbra.
7.- Presentado polo PP sobre a sinalización do tránsito de peóns na Avda. Xoán Carlos I, á altura da estación de servizo.
8.- Presentado por CA para a correcta instalación da maquesiña na parada de autobuses de Lamas de Laraño.
Preguntas resposta oral:
1.- Presentada polo BNG sobre a liña de autobús e marquesiñas na parroquia de Busto.
2.- Presentada por CA sobre a necesidade de implantar a sinaléctica na ruta cultural Barciela-Marantes.
3.- Presentada por CA sobre axudas culturais ás actividades do sector profesional.
4.- Presentada polo BNG sobre problemas de accesibilidade no transporte urbano.
5.- Presentada polo PP sobre a venda de alcohol e o uso dos aseos públicos nos quioscos de concesión municipal.
6.- Presentada polo PP sobre a permanencia da rotonda provisional entre a rúa do Hórreo e a rúa de San Pedro de Mezonzo.
7.- Presentada polo PP sobre o uso de vestiarios e duchas no deporte base.
8.- Presentada por CA sobre os traballos desenvolvidos polo tractor rozador anteriormente dependente da concellaría de medio rural.
Preguntas resposta escrita:
1.- Presentada polo BNG, investigación sobre os incidentes producidos días 23-24 de setembro.
2.- Presentada por CA, sobre a regulación da música ao vivo nos locais da cidade.
3.- Presentada polo BNG, sobre sinalización en Vite de Abaixo.
4.- Presentada polo BNG, sobre negociación dos fondos Next Generation.
5.- Presentada polo BNG, sobre subministración de auga na fonte da Almáciga.
6.- Presentada polo BNG, sobre o estacionamento na Praza do Obradoiro.
14.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1.- Presentada por CA sobre a construción dunha nova piscina municipal cuberta en Santa Marta.
2.- Presentada polo BNG para a mellora dos servizos básicos en Verdía.
3.- Presentada polo BNG para facer unha campaña contra as violencias de xénero na adolescencia con motivo do 25N.
4.- Presentada polo BNG sobre o anteproxecto de lei de mellora da xestión do ciclo da auga.
5.- Presentada polo BNG par que o concello se adhira á iniciativa Xabarín do Parlamento de Galiza.
6.- Presentada por CA para a implantación de melloras no Refuxio de Bando.
7.- Presentada por CA para a recuperación dunha oferta diversa e inclusiva de actividades para os locis e centros rurais da rede de CSC.
8.- Presentada por CA para que o concello impulse a construción dunha senda peonil que conecte o lugar da Gracia co Polígono do Tambre.
9.- Presentada polo PP para demandar ao goberno do estado do establecemento de bonificacións nas peaxes da autoestrada AP-53.
10.- Presentada polo PP para establecer unha convocatoria específica para o pagamento da factura eléctrica.

19.45 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Conversando con…Arturo Reverter, previo ao concerto do Ciclo de Lied que se celebra ás 20.30 h.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Os camiños do amor’, concerto do Ciclo de Lied coa soprano Catherine Trottmann e Maciej Pikulski ao piano. En colaboración coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago.

21.00 h
No Teatro Principal, Semana de Cine Euroárabe AMAL 2021. Toda a información en festivalamal.com

Compartir: