Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 27 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, para presenta a campaña de prevención da adicción ao xogo de apostas en menores "Vas picar? Mocidade libre de apostas". Na rolda tamén estará o educador social Ramón Molina
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o Ciclo de Lied, que este ano estará dentro do Programa de Abono do Auditorio de Galicia. Na rolda participan tamén Jesús Couceiro, presidente da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago; Antonio Couso, tesoureiro; e o deputado provincial Xosé Lois Penas Corral.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
No salón amarelo, recepción a Mariin Ratnik, embaixadora de Estonia en España.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG Navia Rivas sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

17.30 h
No Museo Centro Gaiás, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asiste á inauguración da exposición "Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra".

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Gala dos premios da Música e da Poesía galego-portuguesas aRi(t)mar, organizada pola Escola Oficial de Idiomas e o Concello de Santiago de Compostela. Asiste a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón.

21.00 h
No Teatro Principal, Semana de Cine Euroárabe AMAL 2021. Toda a información en festivalamal.com

Compartir: