Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 13 de febreiro

12.00 h
No plató de televisión 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da terceira edición do Proxecto Youtubeir@s, unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago, Teo e A Coruña; das universidades da Coruña, Santiago e Vigo; e da Deputación da Coruña. Na rolda tamén estarán José Antonio Cacabelos, alcalde do Grove; Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Gumersindo Feijóo Costa, vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica; e Mónica Fernández Valencia, coordinadora do Proxecto Youtubeir@s.

12.30 h
No Auditorio de Galicia, Marcos Teira atende os medios durante un ensaio para presentar o seu disco "NÓs", traballo que dará a coñecer este venres no Teatro Principal.

Compartir: