Previsións informativas para o sábado 17 de marzo
10.00 h
No IES das Fontiñas, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participa na inauguración das XIV Xornadas da Muller, da Asociación Sociopedagóxica Galega.
12.30 h
No Campo de fútbol de Santa Isabel, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á concentración de escolas galegas de rugby.
16.00 h
Con saída da Capela da Virxe do Portal de Belvís, Itinerario polos órganos de Compostela dentro do ciclo De Lugares e Órganos.
18.00 h
Na Sala Agustín Magán (CSC Santa Marta), "Bichos brasileiros", de Tâmara Bezerra, dentro do Festival Internacional de Narración Oral, Atlántica.
18.30 h
No Teatro Principal, concerto familiar "A historia extravagante de Hipo & Gavante", coa Banda Municipal de Música, dentro do Festival Atlántica.
19.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), conversa e concerto con Los Pilotos e Aries, dentro do ciclo Compostela Conversa.
21.00 h
No Teatro Principal, "Entre romances e contos", Gala de Clausura do Festival Internacional de Narración Oral, Atlántica.