Previsións informativas para o venres 16 de setembro
11.00 h
Na Facultade de Ciencias da Educación, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asiste ao acto de homenaxe ao profesor Lois Ferradás.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de goberno local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.
12.45 h
Na rúa Xeneral Pardiñas, o concelleiro de Espazos Cidadáns e Mobilidade, Jorge Duarte, visita as actividades do "Parking Day", organizadas por Greenpeace en colaboración co Concello con motivo da Semana da Mobilidade.
19.30 h
No Mercado de Abastos, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asiste á presentación da campaña #BenFeito, organizada pola Unión de Consumidores de Galicia.
20.00 h
En Oviedo, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, pronuncia o pregón das festas de San Mateo.
VERÁN EN VERDE
FACER
19.00 h Nos xardíns do parque de Belvís, danza en familia con Can Cun Quinqué.