Previsións informativas para o martes 14 de xullo
10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez. Declaracións ao remate.
11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con representantes da Asociación de Hostalería. Declaracións ao remate.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, do portavoz municipal do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, e da deputada no Congreso Rosana Pérez para presentar unha iniciativa de interese local.
18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Asociación Compostela Vella, xunto cos concelleiros Xan Duro e Jorge Duarte.
20.30 h
No Salón Teatro, Al Ayre Español dirixidos por Eduardo López Banzo, presentan ‘Xenio, delicadeza, inventiva… Haendel. Integral das sonatas opus 2’, enmarcado dentro do festival Via Stellae.