Previsións informativas para o martes 13 de agosto
10.30 h
En Cernadas (Portomouro-Val do Dubra), a alcaldesa en funcións, Reyes Leis, e a concelleira de Benestar Social, María Castelao, visitan o centro terapéutico de Proxecto Home.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa en funcións e concelleira de Economía, Reyes Leis, para presentar as axudas a emprendedores do programa Santiago Investors Support.
13.00 h
No Salón Vermello, recepción aos participantes no curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela.
VERAN NA RÚA
19.30 h
Na praza da Quintana, PABLO GOOD IDEA: Pablo Superstar Cool. Castilla-La Mancha. Maxia cómica. + 4 anos. (En caso de mal tempo, no Teatro Principal)