Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 5 de febreiro

11:00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos membros da Mesa de Negociación.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e de Susana Romero, vicepresidenta da Fundación Vía Galego, para presentar a campaña divulgativa "Aprende en 59" a ler um texto em português".

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro do grupo de goberno, Francisco Candela, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

13.00 h.
Na Casa do Concello, a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, en representación do alcalde compostelán, asina un convenio de colaboración co decano-presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Celestino García Braña, sobre o "Proxecto Terra" e o programa "Vivir Santiago".

20.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos participantes no "IV Internacional Meeting on Lorentzian Geometry".

20.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.

Compartir: