Previsións informativas para o xoves 3 de setembro
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, sobre o Plan de Obras Verán 2015 nos centros de ensino de infantil e primaria.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, para dar conta da reunión mantida coa ministra de Fomento, Ana Pastor.
13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, reúnense coa directiva da Cámara de Comercio.
21.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os participantes no II Congreso Iberoamericano de Epidemioloxía e Saúde Pública.