Previsións informativas para luns 28 de setembro
10.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Mesa pola Normalización Lingüística. Declaracións ao remate (11.15 h aprox.).
10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
No Teatro Principal, programa didáctico con Títeres Cachirulo que presenta ‘Xeado de Lúa’, dentro do Festival Internacional de Títeres, Galicreques.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
No Parlamento, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa presidenta do Parlamento, Pilar Rojo.
13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, Luis Menéndez.
14.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o rexedor de Vedra, Carlos Martínez.
19.30 h
No Local Social de Amio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, reúnense coa asociación de veciños Monte do Gozo.