Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 25 de xuño

10.00 h.
No CSC das Fontiñas, saída cara Gandarío dos nenos/as e mozos/as participantes en Musigalizando, campamento musical organizado, entre outros, pola asociación Cultural-Musical Solfa de Santiago.

10.30 h.
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Proposta sobre a periodicidade das sesións do Pleno da Corporación.
2. Proposta sobre creación e composición das Comisións de informe, estudio e proposta, de carácter permanente e especial.
3. Fixación do número, retribucións e características do persoal eventual.
4. Réxime de indemnizacións e dedicacións exclusivas dos membros da Corporación.
5. Nomeamento de representantes en organismos supramunicipais, organismos autónomos, fundacións, empresas públicas, sociedades mixtas e consellos sectoriais de actuación municipal.
6. Dar conta da constitución dos grupos políticos municipais.
7. Dar conta de resolucións da Alcaldía en materia de delegacións.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao embaixador de Panamá en España, Humberto López Tirone, e ao cónsul honorario de Panamá en Vigo, José Taboada.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión celebrada.

17.00 h. (ata as 21.00 h.)
No Teatro Principal, xornadas "Reflexos. Recuperación dunha cidade". Entrada libre e de balde.

Compartir: