Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 22 de xuño

11.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co director do Instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda Soto, para o desenvolvemento do Bacharelato Internacional.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a Urmi Basu, traballadora social e fundadora do fogar New Light na India.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a Noriyasu Hamada, presidente de Akafuku (empresa de dulces tradicionais xaponeses fundada hai 300 anos) e conselleiro delegado de Scolture Mie S.A (empresa xestora do Palacio de Deportes, Música e Cultura da Prefectura de Mie, en Xapón).

17.00 h.
Na Casa do Concello, a concelleira de Benestar Social, Mar Martín, recibe ao atleta David Jiménez, membro de Diatlétic, equipo formado por deportistas con diabete creado a iniciativa da Fundación para a Diabete.

20.00 h.
No Centro Sociocultural da Trisca, actuación da coral Coto da Nai.

21.00 h.
No Monte do Gozo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao concerto de Maná.

Compartir: