Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 12 de marzo

10.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo preside o Consello de Administación de EMUVISSA.

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, para presentar a Feira de Saldos Outlet Compostela.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar o espectáculo de títeres Nadarín, a cargo do grupo Trompicallo, que se celebrará o martes 13, no Teatro Principal. Na rolda estarán tamén Mercedes Castro e Marian González, en representación da compañía.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, para presentar o programa anual de excursións.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro do grupo de goberno, Francisco Candela, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

13.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.

20.30 h.
Actos conmemorativos do Día Internacional da Muller
No Teatro Principal, representación teatral da obra Rotas, de Pífano Teatro S.L. A continuación, coloquio-debate sobre a problemática social da violencia contra as mulleres, presentado e moderado por unha experta en igualdade.

Compartir: