Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 8 de febreiro

10.00 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, visita dos alumnos do CEIP Colexiata de Sar e do Colexio M. Peleteiro á exposición "Plantando libros". (Adxúntase programa do acto).

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente do Consello Rexional da Toscana, Riccardo Nencini.

12.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a web "Marzo, mes do Comercio" e a convocatoria do Outlet.

18.30 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, presentación da unidade didáctica "En cada rostro igualdade" ao profesorado dos centros de ensino secundario de Santiago. Representantes do Foro de Inmigración expoñerán polo miúdo as características e materiais didácticos da campaña, na que colabora o Concello compostelán.

20.30 h.
No Hotel Palace (Madrid), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á conferencia que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, ofrece no Foro Nueva Economía.

Compartir: