Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 1 de febreiro

9.00 h.
Na sede da Mancomunidade (rueiro de Figueiriñas, nº 5) o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidirá a xuntanza da devandita institución.

11.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo asina un convenio de colaboración co delegado xeral de "La Caixa", Jesús Ángel de la Pedraja Cañas.

12.00 h.
Na Fundación Eugenio Granell, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Padroado da devandita fundación, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar a programación do ano 2007. Na rolda tamén estarán Natalia Fernández, directora da institución, e Néstor Rego, patrono da Fundación Granell e concelleiro de Cultura.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleira de Medio Ambiente e de Centros Socioculturais, Marta Álvarez-Santullano e Mercedes Rosón, para presentar as actividades de educación ambiental que se van a desenvolver nos centros socioculturais do Ensanche e Fontiñas entre febreiro e xuño de 2007.

19.00 h.
No Salón de Actos do IES Rosalía de Castro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fará entrega do XII premio literario "Arcebispo Juan de San Clemente".

20.30 h.
No Salón de Plenos da Casa do Concello, constitución do Consello das Migracións.

Compartir: