Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 5 de novembro

12.00 h.
En Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa directora xeral de Rexistros e Notarías, Pilar Blanco-Morales Limones.

12.00 h.
No Auditorio de Galicia, representación da obra teatral musical "133.6 FM. No espazo interior", acto que se enmarca dentro das actividades da Campaña Municipal de Educación Viaria e na Autoprotección, que desenvolven os departamentos de Educación e Mobilidade do Concello de Santiago xunto coa Xefatura de Tráfico da Coruña. Asistirán máis de 250 escolares do IES Rosalía de Castro, Centro de Educación Especial O Pedroso, CPI dos Dices (Rois), e IES de Esparís (Brión).

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, para presentar "Cineuropa 2007", que se celebra do 6 de novembro ao 3 de decembro. Na rolda estarán tamén o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández; o xerente do Consorcio de Santiago, José Manuel Villanueva; e o director do festival, José Luis Losa.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

Compartir: