Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 28 de novembro

10.30 h.
No Teatro Principal, actuación de "NUKE TRIO", dentro do programa de Concertos Didácticos que pon en marcha o departamento de Educación do Concello a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Asistirán alumnos dos seguintes centros: CEIP Arquitecto Casas Novoa, Colexio San Xurxo, Colexio Nosa Señora dos Remedios, Colexio Xuventude e Colexio San Francisco Xabier.

11.45 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de Xuventude, María Seoane, para presentar unha moción relativa a esta área.

12.10 h.
No Instituto Xelmírez II, (rúa Irmandiños, 15) o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta, xunto co presidente de Sogama, José Álvarez Díaz, a segunda edición da campaña de educación ambiental "Ti es a peza que falta", que nesta ocasión e baixo o lema "Ponte en marcha" se centra na promoción do transporte limpo, incidindo de forma particular no uso da bicicleta. A campaña, que se enmarca no convenio asinado en 2006 entre o Concello e Sogama, está dirixida a todos os escolares de secundaria.

14.30 h.
No Pazo de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, ofrece un xantar aos membros do Comité Confederal de UGT, que se reúne por primeira vez en Galicia.

20.30 h.
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de presentación do Avance do Programa do Forum Gastronómico Santiago’08 "As Cociñas do Atlántico".

Compartir: