Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 29 de decembro

9:00 h.
Na Casa do Concello, Consello de Administración de INCOLSA (Información e Comunicación Local S.A).

10.00 h.
No MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia), o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, e a delegada provincial da Consellería de Traballo, María Debén, asisten á clausura do Obradoiro de Emprego de Enerxías Renovables.

11.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Sanidade e Consumo, Elvira Cienfuegos, para presentar un folleto sobre o consumo responsábel no Nadal e outros materiais da OMIC.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar os actos de Fin de Ano.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do Grupo Popular Municipal, Ricardo García-Borregón, para facer un balance do ano.

13.00 h.
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina os contratos de axuda do Programa de Desenvolvemento Rural PRODER II Sar-Ulla. Na sinatura tamén participarán os alcaldes de Ames, Brión e Teo.

14.00 h.
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria da Xunta de Goberno local. (Enviarase resumo).

17.00 h.
Na Fundación Caixa Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a exposición "O efecto das luces", da Real Sociedade Económica de Amigos do País.

17.00 h.
Na Avenida de Barcelona, o concelleiro de Deportes, Manuel Portas, asiste á Carreira Ciclista das Estrelas organizada polo seu departamento e na que participarán, entre outros, Óscar Pereiro, David Blanco e Ezequiel Mosquera

18.00 h.
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á apertura ao público do Paseo dos Leóns, na Alameda.

20:00 h.
No campo de fútbol de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Manuel Portas, asiste ao partido de fútbol que xogarán os ciclistas participantes na Carreira das Estrelas.

Compartir: