Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 13 de decembro

11.00 h.
Primeira visita de escolares á exposición Intramuros, dentro do programa posto en marcha polo Concello e o Consorcio. Participarán un grupo de escolares de terceiro ciclo de primaria do Colexio Vilas Alborada.

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego; do director xeral de Produción e Difusión Cultural, Luis Bará; e da presidenta de IPD (Implicadas/os polos Desenvolvemento), María Reimóndez, para presentar o "Implícate! 2, Noite de Música e Palabra Solidaria", que organiza esta ONG no Auditorio de Galicia, o sábado ás 20.00 h. Na rolda tamén estará a poeta Yolanda Castaño, que presentará o evento xunto con Paco Lodeiro.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e do actor Héctor Alterio para presentar El Túnel, obra que Alterio protagoniza e que se representa no Teatro Principal mércores e xoves ás 21.00 h. Na rolda estará tamén Ana Salgado, da Fundación Caixa Galicia, que organiza, xunto coa concellaría, o ciclo "En Xira", dentro do que se enmarca a obra.

13:00 h.
Na Casa do Concello, a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, dará a coñecer o nome dos gañadores dos Premios Vagalume 2006.

13.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese en Madrid co director general de Vivienda, Javier Ramos Guallart.

19.00 h.
O Centro Sociocultural de Vite recibirá a visita de Winnie the Pooh, que se achega para saudar aos nenos e nenas que están a participar na Olimpiada Solidaria. Asiste a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón; o responsable da Olimpiada na USC, Xavier Agrafojo; un representante da ONG Coopera. Jóvenes para la Cooperación Internaiconal al Desarrollo.; e o xerente do Multiusos Fontes do Sar, Santiago Cuadrado.

Compartir: