Previsións informativas para o mércores 19 de outubro
9.00 h
No Centro Abanca Obra Social (Praza de Cervantes), a concelleira de Emprego, Marta Lois, asiste ao I Encontro Plan de Emprego CRE Santiago.
9.00 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste ao encontro do grupo Industrias Culturais e Creativas de REDEL (Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local).
10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os os programadores internacionais do evento "FOCUS GALICIAN TUNES".
11.30 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asina os convenios de colaboración con FEAFES e CRUZ VERMELLA.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o concerto Narf & Timbila Muzimba do vindeiro domingo. Na rolda estarán presentes tres integrantes do grupo.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
13.30 h
No Pazo de Raxoi (Xunta de Galicia), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de concesión do título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago a Vicente del Bosque.
20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao Opening Womex 2016.
20.15 h
No CSCXM do Ensanche, asemblea de decisión da área de Cidade