Previsións informativas para o domingo 26 de abril
A partir das 9.00 h
En San Lázaro e Monte do Gozo, Campionato de España de Enduro. Ás 16.00 h, entrega de premios en San Lázaro.
12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Juan Miguel Romero Llopis.
18.00 h
No Auditorio Abanca, o mago Kayto presenta ‘Alokayto’ dentro do ciclo Infantil&Familiar.
18.00 h
No Salón Teatro, o Teatro Nacional de Catalunya, o Centro Dramático Galego e Catro Cadeiras presentan ‘Ganas de ouvear’ dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.
19.30 h
Na Zona C, estrea absoluta de ‘In Memoriam’, da compañía O retrete de Dorian Gray. Protagonizada por Ezra Moreno e Marcos PTT Carballido e dirixida por Xron. Dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.
20.00 h
No Teatro Principal, concerto de Dave Douglas ‘High Risk’ dentro do ciclo Jazz 1906.