Previsións informativas para o luns 19 de outubro
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Facenda e de Mocidade, María Rozas e Noa Morales, para presentar o proxecto de orzamentos participativos da área de Mocidade.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto cun representante de aCentral Folque para presentar o novo proxecto docente do centro.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do Womex xunto coa concelleira de Turismo, Marta Lois.
13.45 h
No decanato de Medicina, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto con motivo da festividade de San Lucas.
16.30 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao encontro co director da Feira do Libro de Bos Aires, Oche Califa.
19.30 h
Na Rocha Vella, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación de veciños Serafín Zas acompañado polos concelleiros Jorge Duarte e Rafael Peña.
20.00 h
En Afundación, concerto do violinista Florian Vlashi dentro das Xornadas de Música Contemporánea. En colaboración con Os luns do Ateneo.