Previsións informativas para o martes 7 de febreiro
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.
12.00 h
En Madrid, (rúa Nuncio, 8) o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á Comisión de Patrimonio histórico-cultural da FEMP.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o ciclo 'Falabaratos'.
13.30 h
No Cersia, o concelleiro de Tráfico, Albino Vázquez, asiste á clausura da xornada informativa sobre a aplicación de normativa de benestar animal, que preside a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana.
20.00 h
Na Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á conferencia inaugural con motivo do III Curso Xerardo Fernández Albor: 30 anos de Autonomía.