Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 31 de xullo

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Seoane, para presentar as alegacións ao orzamento municipal relativas á súa área de seguimento: xuventude.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a Guía de Compras de Santiago de Compostela.

12.00 h.
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina o convenio para levar a cabo as obras do Plan Director do Auditorio coa tenente de alcalde e concelleira de Cultura do Concello, Socorro García Conde.

12.00 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para facer balance das Festas do Apóstolo 2008.

12.00 h.
O voceiro do grupo municipal popular, Xerardo Conde Roa, acompañado de varios concelleiros, realizará unha visita á parroquia de Enfesta, concretamente ó lugar da Sionlla.
Punto de Encontro: Bar San Cristof, situado detrás de Finsa.

12.30 h.
Na Praza do Obradoiro, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar o programa completo do Festival dos Abrazos que se desenvolverá durante todo o mes de agosto en 31 lugares da cidade. No acto, Pesdelan presentará o seu tema "O xogo da Carrasquiña".

12.30 h.
No Salón de Actos do IES Rosalía de Castro, a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, clausura a Escola Municipal de Verán de Inglés.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede, do orzamento de 2008 e cadro de persoal.
3. Aprobación da conta xeral do exercicio 2007.
4. Aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Especial da Cidade Histórica no inmoble do antigo Banco de España (Praza das Praterías).
5. Aprobación inicial do Regulamento do funcionamento da Casa das Asociacións de Benestar Social.
6. Proposta da concelleira delegada de persoal sobre solicitude de compatibilidade dun funcionario.
7. Dar conta dos infomes sobre a estabilidade orzamentaria.
8. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, relativos a cambio de data da celebración de sesións da Xunta de Goberno Local, designación de dedicación exclusiva e nomeamento de concelleira delegada.
9. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellerías Delegadas e da Xunta de Goberno Local.
10. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.
11. Rogos e preguntas.

19.30 h.
Na rúa do Vilar, concerto da Banda de Música Municipal. Programa:
Lugo Ferrol --------------------------- Pasodobre -------------------------------- G. Baudot
West Side Story ------------------- Selección ---------------------------------- L. Bernstein
La del Manojo de Rosas --------- Selección --------------------------------- P. Sorozábal
Romaxe en Naseiro ---------------- Rapsodia galega ----------------------- M. Iglesias
La Dolores ---------------------------- Gran Jota ----------------------------------T. Bretón
Jesús Iglesias, trompeta

Vive o Verán
11.00 h. – 12.00 h. Visitas Guiadas aos parques de Compostela. Roteiro polo Parque de Fermín Bouza Brey, saída da Praza da Paz. Coas visitas guiadas podense descubrir elementos e recunchos dos parques que pasan desapercibidos.
De 17.00 a 20.30h. Nas piscinas do Multiusos do Sar, Bibliopiscina.

Festas do Apóstolo 2008
Xoves, 31
13.00 h. Animación de rúa
Grupos de gaiteiros
19.30 h. Concerto
BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA
Rúa do Vilar
23.00 h. Fogos fin de festa
Escalinata do Campus Universitario
23.30 h. Espíritu latino:
SANTA FE
GUAJIROS
Dj JUAN MAGÁN
Dj MARCOS RODRÍGUEZ
Campus Universitario
24.00 h. SMOKING STONES
Tributo a Rolling Stones
Praza da Quíntana. Entrada libre
1.00 h. Música no Toural
NO REPLY (swing)
De 1.30 h. a 3.00 e de 3.30 h. a 5.00 h.
Orquestra OLYMPUS
Paseo Central da Alameda
1.30 h. SAN PAIO DE ANTEALTARES
Quique Azambuya trío (jazz)
Son tres (música latina)

Compartir: