Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 23 de xullo

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Espadas, para presentar as alegacións ao orzamento municipal relativas ás súas áreas de seguimento: festas, deportes e persoal.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o Estatístico 2008 e a nova páxina web do Observatorio Estatístico.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, sobre asuntos da súa área.

13.30 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos participantes no Día do Traxe Galego.

14.00 h.
Na Sala de Xuntas da Consellaría de Cultura e Deporte, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á reunión da Fundación Cidade da Cultura.

18.30 h.
Na Sala Capitular da Catedral, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto fundacional da Fundación Catedral de Santiago.

19.00h.
Na Zona "C", inauguración da exposición "Stand by me" de Rita Rodríguez. Esta intervención é froito do convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Concellaría de Cultura do Concello de Santiago para o fomento de intervención de creadores na Zona "C" en colaboración co curso de posgrao Master en Arte Museoloxía e crítica contemporáneas.

21.00h.
Vía Stellae
No Auditorio de Galicia, concerto de peche do Vía Stellae, III Festival de Música de Compostela e os seus Camiños coa Mahler Chamber Orchestra dirixida por Daniel Harding.

Vive o Verán
10.00h. No Parque de Galeras, Taichi.
10.00h. No Parque de Bonaval, Ximnasia Coreografiada.
De 11.00 a 13.00h. No Centro de Interpretación de Parques e Xardíns da Alameda, Obradoiro Medioambiental. A xornada de hoxe leva por nome "O Gardaparques"
De 17.00 a 20.30h. Nas piscinas do Multiusos do Sar, Bibliopiscina.

Festas do Apóstolo 2008
XXX DIA DO TRAXE
11.30 h. Concentración de persoas ataviadas con traxes tradicionais galegos. Alameda
12.15 h. Desfile polas ruas da zona monumental ata a Praza do Obradoiro
13.00 h. Misa solemne e ofrenda anual ó Apóstolo
14.00 h. Recepción de honra
Concello de Santiago
16.00 h. Concentración de participantes no certame de traxes. San Domingos de Bonaval
19.30 h. Desfile de traxes tradicionais desde Bonaval ata a Quíntana
20.00 h. Exhibición e concurso de traxes na Quíntana. A continuación entrega de rpemios.
18.00 a 21.00 h. FERRADURA ABERTA na Alameda 23.00 h.
20.30 h. XXX Campionato de CHAVE
Paseo da Ferradura
23.00 h. COMPOSTELA FESTIVAL:
From New Orleáns: Joyful Gospel Choir
Praza da Quíntana
Prezos:
Cadeira: 6 euros. De pé. 3 euros
23.30 h. Música no Toural:
ORLANDO Y SU ORQUESTA(Cuba)

Compartir: